Nesta última sesión traballamos os saltos en 4º de primaria,
durante dúas semanas -catro sesións-. Tal e como tiñamos exposto na nosa
programación. Despois de afrontar os desprazamentos e rúbelas e escalada sobre
espalderas. Nesta ocasión, e con motivo do frío que nos acompañou nestes días,
a nosa principal pretensión á hora de afrontar esta unidade didáctica, foi o
desenvolvemento dunha actividade física intensa a través dos saltos
(traballando a impulsión, o equilibrio, a coordinación de movementos complexos)
e contribuír a desenvolver a autoestima e a confianza do neno.
Deixo tamén dúas ligazóns a páxinas nas que podemos atopar
diversas unidades didácticas para as clases de Educación Física.

No hay comentarios:
Publicar un comentario