miércoles, 6 de marzo de 2019

A curación de contidos

A curación de contidos é altamente importante dentro do ámbito educativo, que é o que nos incumbe. Agora ben, xórdenme moitas dúbidas respecto diso de como e quen debe ser curador de contidos...ou si quizais é algo no que xa se nos debería instruír como unha nova competencia docente.

 A curación de contidos para ser altamente efectiva, leva unha cantidade enorme de tempo. Dedicarse a mirar a fondo a rede en busca do mellor contido, agrupalo, para logo compartilo co resto de " compis" realizando a primeira criba entre a gran cantidade de ruído que nos achega internet, leva un tempo moi considerable.

 Pero todos os docentes debemos realizar ese cribado e ofrecer eses contidos seleccionados que son compartidos en numerosas RRSS  provocando máis ruído que outra cousa.?
Ou debe ser un grupo de profesorado cuns perfís en concreto os que deban dedicarse, como parte do seu traballo,a curar contidos e logo ofrecer dita selección aos demais.

Desde a miña experiencia, como Asesor de Contidos Educativos Abalar na Consellería de Educación, cada vez teño máis claro, que debe ser un mesmo quen deba curarse os seus propios contidos.

Volvendo ao tema anterior, en twitter, por exemplo, proliferan eses "papers" de curandeiros coma se fosen formiguiñas.

Teño claro que é interesante que podamos acceder a esas “coleccións” que realizan os nosos compañeiros, pero vai chegar un momento, conforme vaiamos tendo máis experiencia no uso e filtrado de información, que haberemos de ser nós mesmos quen realice dita “curaduría”.

 Penso, que se existen persoas externas que realicen esa criba por min, iso a longo prazo, dá lugar a unha “ infoxicación” producida por tal cantidade de “contidos seleccionados”

 Á fin e ao cabo non é un mesmo quen decide que información é relevante para el (ou lle pode ser dalgún interese)?

 Cando ocupo o meu tempo en curar contidos afago apoiarme moito no traballo de xente con máis experiencia que eu nestes ámbitos.

Sen ningunha dúbida, dunha gran axuda é a selección de ferramentas selecionadas por dous grandes profesionais e que deixo a continuación.



Quero deixar tamén unas cantas páxinas que me parecen interesantes á hora de curar contidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario